Xosé Arias Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Paredes de Arriba, España |
Morte | 27 de maio de 1954 (35/36 anos) Paredes de Arriba, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Xosé Arias Fernández, coñecido como Cristo ou Dapena, nado en Paredes de Arriba (Castro de Rei de Lemos, Paradela) en 1918 e finado no mesmo lugar o 27 de maio de 1954,[1] foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Arias e Florentina Fernández. Próximo ao Partido Comunista de España botouse ao monte e participou en accións contra a Garda Civil como lugartenente de Xosé Castro Veiga Piloto. En 1946 foi elixido segundo xefe da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, participou en case todas as súas accións. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Francisco López Quinte, Abelardo Gutiérrez Alba e Elías López Armesto en febreiro de 1948.[2] En 1949 dispersáronse os restos da III Agrupación e Xosé volveu ao seu lugar natal, onde se agochou. O 27 de maio de 1954 morreu nun enfrontamento coa Garda Civil mentres se preparaba para marchar ao estranxeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabana, Ana (2013). La derrota de lo épico. Valencia: Publicacions de la Universitat de València. p. 179. ISBN 978-84-370-9089-4.
- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- Bernardo Máiz (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 40. ISBN 84-8485-231-8.